servicios

A traxectoria percorrida no exercicio da avogacía durante máis de vinte anos conduciu a nosa actividade á prestación dun servizo xurídico tanto a particulares coma a outros despachos de avogados.

Coma avogadas de particulares, aplicamos a nosa experiencia e profesionalidade proporcionando a cada cliente un asesoramento xurídico exhaustivo baseado non só no estudo e rigor no traballo, senon tamén na transparencia e accesibilidade no trato.

Coma avogadas de outros despachos, colaboramos con aqueles profesionais que por diversos motivos tales coma incompatibilidades, falta de especialistas ou sobrecargas puntuais de traballo, subcontrátanos conservando e incluso ampliando a súa propia carteira de clientes.

Inicio